domingo, 3 de octubre de 2010

XA TEMOS NOME DA CLASE: OS MACARRÓNS!




Para elexir o nome da nosa clase cada cativ@ dixo o que mais lle gustaba. Saíron varias opcións: "coches, hadas, macarrones, payasos, osos, cangrejos, cocinita...". Entre todos decidimos descartar algunha destas cousas, quedando só os coches, os osos e os macarróns. Pero agora quedaba o mais difícil: chegar aun acordo, así que entre estas tres cousas cada un tivo que elexir o que prefería: no último lugar quedaron os osiños; en segundo lugar os coches, cun voto de diferenza co gañador: OS MACARRÓNS!
Así que xa temos nome da clase. Esparamos a vosa axuda para comezar o noso proxecto sobre o nome da clase. Moitas grazas por adiantado

2 comentarios:

Profe Carmen dijo...

Me encanta vuestro nombre, espero que seais capaces de "cocinar" un montón de cosas a lo largo del curso. ¡¡A disfrutar del curso y de vuestra profe"!!

gloria dijo...

Noraboa clase dos macarróns,tedes un nome estupendo!!! Espero cociñar con vos mooooitas receitas!