Mostrando entradas con la etiqueta varios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta varios. Mostrar todas las entradas

sábado, 12 de marzo de 2011

O NOSO BLOGUI XA ESTÁ NO ITE

DENDE O MINISTERIO DE EDUCACIÓN, A TRAVÉS DO ITE (O INSTITUTO DE TECNOLOXÍAS EDUCATIVAS), SE RECOÑECE A LABOR DE TODO O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL INTRODUCINDO AS NOVAS TECNOLOXÍAS NA AULA, NESTE CASO A TRAVÉS DO NOSO BLOGUI.
SE QUEREDES VER O ARTÍCULO, PODEDES PINCHAR NO ENLACE DEBAIXO DA IMAXE.
http://recursostic.educacion.es/buenaspracticas20/web/infantil/284-el-qbloguiq-por-una-escuela-abierta?lang=es
E NON VOS ESQUEZADES DE VISITAR O NOSO BLOGUI. http://oblogidarbo.blogspot.com/


--> Leer más...

jueves, 10 de marzo de 2011

PARA AS NOSAS MACARRÓNS MALIÑAS

ESTA MAÑÁ, CANDO VIMOS O BLOG, ENTERÁMONOS DE QUE GEMA ESTÁ MALIÑA E POR ESO NON VEU AO COLE. DESPOIS TAMÉN NOS ENTERAMOS QUE SARA TAMÉN ESTABA MALIÑA.
TODOS OS MACARRÓNS QUEREN MANDARVOS UNHA MENSAXE DE ÁNIMO E ALGÚNS CONSELLOS MOI BOS.
OS AGARDAMOS PRONTO!
MOITOS BICOS:
AHÍ VAN AS MENSAXES (A TRANSCRIPCIÓN):
RUBÉN DICE QUE OS TOMÉIS EL JARABE PARA QUE OS PONGÁIS BUENAS Y PODÁIS VENIR
FLAVIA DICE QUE OS PONGÁIS CHICHOS PARA VENIR AL COLE Y QUE VENGÁIS PRONTO.
UNAI DICE QUE OS TOMÉIS EL JARABE TAMBIÉN.
NIEVES DICE QUE OS TOMÉIS LA COMIDA EN LA CAMA PARA TENER FUERZAS.
JORGE DICE QUE DURMÁIS MUCHO.
NEUS TE MANDA MUCHOS BESOS.
Y SHEILA TE MANDA UN ABRAZO.
LUCÍA, JOEL, MÓNICA Y PABLO MANDAN MÁS BESOS Y ABRAZOS.
Y  TODOS OS ECHAMOS MUCHO DE MENOS!

--> Leer más...

martes, 22 de febrero de 2011

REFLEXIÓNS DA PROFE: O PORQUÉ DO NOSO BLOG

O Blog, os nosos blogs, foron creados con moito agarimo para tratar de achegar o día a día da escola ás familias e a toda a comunidade educativa, pero ideouse tamén coma unha vía de comunicación entre todos. Queríamos, e seguimos querendo, un blog interactivo.
Queremos unha escola aberta a todos, onde as vosas opinións, ideas, suxerencias, aportacións..., tamén teña cabida. Esta foi unha das razóns polas que as profes de Infantil decidiron poñerse "mans á obra". Sen moita información nin formación decidimos adentrarnos neste mundo dos blogs, novo para nós, e abriros un pouquiño máis as portas de cole.

Pouco a pouco, coa axuda e a ilusión de todas, esta idea convertiuse nun proxecto, e este proxecto nunha realidade. Supón un gran traballo tratar de manter o blog ao día e tratar de interesar aos nosos cativos por estas novas tecnoloxías, pero dun xeito crítico. Supón un esforzo tamén tratar de interesar ás familias por a colaboración na vida da aula. ¡A ESCOLA É DE TODOS! Non só dos nenos e das nenas e das profes. Entre todos podemos facer unha educación de calidade, participativa e máis acolledora.

Os nenos e nenas necesitan moita motivación para aprender cousas novas, e seguir aprendendo día a día, pero as profes tamén necesitamos motivación para seguir investigando, mellorando, innovando...
Gustaríamos que este blog fora unha canle de comunicación, nas dúas direccións: da escola ata casa, e de casa ata a escola.
¡ANIMÁDEVOS! ¡FAGAMOS TODOS XUNTOS UNHA EDUCACIÓN MELLOR!





--> Leer más...

OS MACARRÓNS ESTAMOS TRISTES...

... PORQUE NINGUÉN NOS ESCRIBE NO BLOG!

--> Leer más...

miércoles, 2 de febrero de 2011

ANIMAIS NOVOS!

O LUNS, CANDO CHEGAMOS A CLASE, HABÍA UNHA CAIXA CHEA DE ANIMAIS NOVOS, PARA PODER XOGAR CON ELES NO RECANTO DOS "COCHES E ANIMAIS".

MENTRES ABRÍAMOS A CAIXA E TODOS OS ANIMAIS, ESTIVEMOS A CONVERSAR SOBRE QUÉ ERAN, ONDE VIVÍAN, ETC., PERO A MELLOR CONVERSA FOI:
                             @S NEN@S: "¿trajeron la caja los reyes?"
                             A PROFE: "No, nos la compró el cole".
                             UN DOS NENOS: "¡Profe!, El cole no puede andar!
A LÓXICA D@S NEN@S É A MELLOR!



--> Leer más...