martes, 22 de febrero de 2011

REFLEXIÓNS DA PROFE: O PORQUÉ DO NOSO BLOG

O Blog, os nosos blogs, foron creados con moito agarimo para tratar de achegar o día a día da escola ás familias e a toda a comunidade educativa, pero ideouse tamén coma unha vía de comunicación entre todos. Queríamos, e seguimos querendo, un blog interactivo.
Queremos unha escola aberta a todos, onde as vosas opinións, ideas, suxerencias, aportacións..., tamén teña cabida. Esta foi unha das razóns polas que as profes de Infantil decidiron poñerse "mans á obra". Sen moita información nin formación decidimos adentrarnos neste mundo dos blogs, novo para nós, e abriros un pouquiño máis as portas de cole.

Pouco a pouco, coa axuda e a ilusión de todas, esta idea convertiuse nun proxecto, e este proxecto nunha realidade. Supón un gran traballo tratar de manter o blog ao día e tratar de interesar aos nosos cativos por estas novas tecnoloxías, pero dun xeito crítico. Supón un esforzo tamén tratar de interesar ás familias por a colaboración na vida da aula. ¡A ESCOLA É DE TODOS! Non só dos nenos e das nenas e das profes. Entre todos podemos facer unha educación de calidade, participativa e máis acolledora.

Os nenos e nenas necesitan moita motivación para aprender cousas novas, e seguir aprendendo día a día, pero as profes tamén necesitamos motivación para seguir investigando, mellorando, innovando...
Gustaríamos que este blog fora unha canle de comunicación, nas dúas direccións: da escola ata casa, e de casa ata a escola.
¡ANIMÁDEVOS! ¡FAGAMOS TODOS XUNTOS UNHA EDUCACIÓN MELLOR!





2 comentarios:

Victor dijo...

Ainda que non o pareza, cada dous días ou cada día consultamos o blog na casa para ver se hai novidades, estamos atentos ainda que non publiquemos ningún comentario. Sempre é agradable ver os avances dos nenos e as cousas novas que van facendo, e tamén sabemos o esforzo extra que supón manter ó día isto. Ánimo que estades a facer un gran traballo con esta iniciativa.

A profe Vane dijo...

Moitas grazas Victor, de parte de todas. Dende clase, todos os días miramos o blog e vemos se hai comentarios. Tamén vemos os blogs das demáis clases, para aprender cousas novas e tamén ter ideas novas.
A través dos vosos comentarios, non só animades aos nenos, senon que non animades a nos para seguir traballando con moita ilusión neste "novo mundo das redes".
Moitas grazas por seguirnos e comentarnos!