Mostrando entradas con la etiqueta familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta familias. Mostrar todas las entradas

sábado, 26 de marzo de 2011

OS MACARRÓNS TEMOS UNHA DÚBIDA

HOXE ESTIVEMOS FALANDO EN CLASE SOBRE O NOSO CORPO. ANTE A PREGUNTA:
POR QUÉ TEMOS DOUS OLLOS?
NON SABÍAMOS MOI BEN QUÉ CONTESTAR, PERO UNHA DAS RESPOSTAS FOI:
"PORQUE TENEMOS DOS CEJAS"
E A GEMA LLE ASALTOU A DÚBIDA DE:
"¿PARA QUÉ ESTÁN LAS CEJAS?"
ENTRE TODOS DECIDIRON PREGUNTAR Á PROFE BEA, DESPOIS Á PROFE GLORIA E DESPOIS Á PROFE MERCHI, PERO VOS QUEREMOS ANIMAR A PARTICIPAR A TODOS E OFRECERNOS AS VOSAS RESPOSTAS SOBRE AS DÚAS PREGUNTAS:
1.- POR QUÉ TEMOS DOUS OLLOS?
2.- PARA QUE SIRVEN AS CELLAS?


(NO VIDEO NON SAEN TODOS OS NENOS, PORQUE DEIXAMOS A CÁMARA NUNHA MESA E SE NOS MOVEU. PERO O INTERESANTE É ESCOITAR A CONVERSA)
MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!

--> Leer más...

lunes, 14 de marzo de 2011

¿OES, UNHA APERTA?


DEIXADE VOAR A VOSA IMAXINACIÓN
 E ESCOITADE O VOSO CORAZÓN!!!
corrección de errosDATA LÍMITE DE ENTREGA MÉRCORES 23 DE MARZO

--> Leer más...

lunes, 7 de marzo de 2011

MAXIMERENDOLA DO XOVES DE CARNAVAL

GRAZAS A TODO VOS O XOVES DISFRUTAMOS TODOS XUNTOS DUNHA GRAN MERENDOLA DE ENTROIDO, CON UN MONTÓN DE POSTRES RIQUÍSIMOS TÍPICOS DESTA GRAN FESTA: ORELLAS, FILLOAS, FLORES, BISCOITOS, ETC.
SODES UNS GRANDES COCIÑEIROS!
MOITAS GRAZAS A TODOS!


--> Leer más...

martes, 22 de febrero de 2011

REFLEXIÓNS DA PROFE: O PORQUÉ DO NOSO BLOG

O Blog, os nosos blogs, foron creados con moito agarimo para tratar de achegar o día a día da escola ás familias e a toda a comunidade educativa, pero ideouse tamén coma unha vía de comunicación entre todos. Queríamos, e seguimos querendo, un blog interactivo.
Queremos unha escola aberta a todos, onde as vosas opinións, ideas, suxerencias, aportacións..., tamén teña cabida. Esta foi unha das razóns polas que as profes de Infantil decidiron poñerse "mans á obra". Sen moita información nin formación decidimos adentrarnos neste mundo dos blogs, novo para nós, e abriros un pouquiño máis as portas de cole.

Pouco a pouco, coa axuda e a ilusión de todas, esta idea convertiuse nun proxecto, e este proxecto nunha realidade. Supón un gran traballo tratar de manter o blog ao día e tratar de interesar aos nosos cativos por estas novas tecnoloxías, pero dun xeito crítico. Supón un esforzo tamén tratar de interesar ás familias por a colaboración na vida da aula. ¡A ESCOLA É DE TODOS! Non só dos nenos e das nenas e das profes. Entre todos podemos facer unha educación de calidade, participativa e máis acolledora.

Os nenos e nenas necesitan moita motivación para aprender cousas novas, e seguir aprendendo día a día, pero as profes tamén necesitamos motivación para seguir investigando, mellorando, innovando...
Gustaríamos que este blog fora unha canle de comunicación, nas dúas direccións: da escola ata casa, e de casa ata a escola.
¡ANIMÁDEVOS! ¡FAGAMOS TODOS XUNTOS UNHA EDUCACIÓN MELLOR!





--> Leer más...

lunes, 7 de febrero de 2011

COMEZAN OS TALLERES DO ENTROIDO

--> Leer más...

miércoles, 15 de diciembre de 2010

MÁIS ADORNOS DE NADAL

MOITAS GRAZAS PORQUE SEGUIMOS RECIBINDO FANTÁSTICOS ADORNOS DE NADAL PARA POÑER BONITO O NOSO COLE.
ESTA VEZ FOI SHEILA QUEN TROUXO UN BONITO ADORNO PARA COLGAR, FEITO CON HEDRA NATURAL, UNS LAZOS E UNHAS POMBAS FEITAS CON ALGODÓN, SEGÚN NOS EXPLICOU ELAE PUIDEMOS COMPROBAR.
Click to play this Smilebox greeting
Create your own greeting - Powered by Smilebox
Another free ecard by Smilebox
ESPERAMOS QUE MAÑÁN POIDAMOS COLGALO PARA QUE TOD@S POIDADES DISFRUTALO CANDO ESTEDES NO COLE.
--> Leer más...

A CARTA DOS REIS MAGOS

COMO XA SABEDES, O ÚLTIMO DÍA DE CLASE, ANTES DAS VACACIÓNS DO NADAL, VAN VIR AO COLE OS REIS MAGOS, E QUISÉRAMOS DARLLES A CARTA, PARA O QUE PEDIMOS A VOSA COLABORACIÓN: PARA FACER A CARTA NA CLASE PRECISAMOS QUE @S NEN@S TRAIAN DA CASA, O ANTES POSIBLE, OS RECORTES DO QUE LLES GUSTARÍA PEDIR ÁS SÚAS MAXESTADES. PODEDES EMPREGAR O SOBRE VIAXEIRO PARA MANDAR OS RECORTES AO COLE.

MOITAS GRAZAS POR COLABORAR
--> Leer más...

martes, 14 de diciembre de 2010

MÁIS ADORNOS DE NADAL

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA FOTO DE TODOS OS ADORNOS QUE CHEGARON HOXE AO COLE.
MOITAS GRAZAS A TODOS PORQUE ESTADES A FACER VERDADEIRAS OBRAS DE ARTE!
Click to play this Smilebox greeting
Create your own greeting - Powered by Smilebox
Another digital greeting card by Smilebox
--> Leer más...

miércoles, 24 de noviembre de 2010

NOTA ÁS FAMILIAS

--> Leer más...

viernes, 12 de noviembre de 2010

REUNIÓN DAS FAMILIAS

--> Leer más...