martes, 25 de enero de 2011

EL RETORNO DE VILLARINA

O outro día, Sheila nos trouxo da casa un conto moi bonito: "El retorno de Villarina" e a tod@s encantounos!
Villarina é unha osita parda que vive coa súa mamá e os seus irmáns. A través do conto aprendemos con ela cómo crecen, o que comen e cómo viven os osos nas montañas.  Tras un accidente nas rocas, uns turistas a atopan e a levan a un centro de recuperación, onde recobra a saúde y faise amiga dos urogallos. Pronto volta ás montañas grazas aos coidados dos humáns.
Esta histora está baseada nun feito real, e podemos seguir aprendendo cousas de Villarina a través da Web de FAPAS.
Nós estivemos buscando á osa Villarina por internet, e atopamos unhas fotos e uns videos moi interesantes. Aquí os deixamos para que dende casa poidades velos con todos nos!
   





No hay comentarios: