jueves, 21 de octubre de 2010

O NOSO PROXECTO: OS MACARRÓNS

Estivemos falando sobre o noso proxecto da clase: OS MACARRÓNS. Os primeiros pasos dun proxecto son: averiguar qué sabemos, qué queremos saber, e cómo podemos facer para investigar e averiguar esas cosas que aínda non sabemos e para comprobar se o que sí sabemos é certo ou non. Despois dun longo diálogo chegamos a estas conclusión:

Sobre OS MACARRÓNS sabemos:
  • que son amarelos, pero as veces poden ser vermellos, verdes, e rosas;
  • que os fan as mamás, os papás e as avoas;
  • que se necesita unha tarterira, aceite e sal para facelos;
  • que son comida: son pasta e os tallaríns tamén son pasta;
  • que se poden facer con tomate e tamén se lle pode botar xamón;
  • que salen das tarteiras;
  • que a comida tamén a fan os cociñeiros, que van vestidos cunha bata blanca e un gorro de cociñeiro.


Nos dimos conta que sobre OS MACARRÓNS non sabemos moitas cousas, e que aínda nos queda moito por aprender.
Nunha conversación, algo guiada pola mestra, nos decatamos que queríamos saber:
  • qué cousas se poden facer cos macarróns;
  • de onde veñen os macarróns: dunha árbore?
  • tamén queremos saber máis cousas sobre os cociñeiros;
  • qué se necesita para facer uns macarróns (utensilios e ingredientes).

E decidimos seguir pensando se queremos saber aínda máis cousas.



E AGORA NECESITAMOS AXUDA PARA COMEZAR A INVESTIGAR!!!!!
RECORDADE A NOSA CONTA DE CORREO: aprimeiramare@gmail.com


MOITAS GRAZAS A TODOS!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

bos días, son o Rubén, o curmá de Gema e queria dicirvos que o voso blog é moi bonito e gustoume moito :)
Un saúdo para todos.

Victor dijo...

Unha gran idea a do blog. Os macarróns temos que investigalos a fondo porque o parecer dan moito de si, poden facerse moitas cousas con eles e sobre todo... de dónde veñen? Iremos vendo cousas.
Seguide así que se vos ve estupendos nas fotos.
Un saúdo a todos.

Neli, nai de Lucía dijo...

Hola¡¡
Somos os pais de Lucía e queremos achegarvos algunha información sobre os macarróns´.
Fanse cunha masa feita cunha especie de fariña de trigo, auga e sal.Cando esta masa está lista moldeanse os macarróns e póñense a secar. Cando se secan póñense moi duros e xa está listos para metelos nos paquetes que se venden no super.
De este xeito fanse tamén os curmáns dos macarróns: os espaguetis, os tallaríns, e todas as formas da famila "pasta", que é a familia dos macarróns.
Esperamos que vos sexa útil esta información.
Moitos saúdos e felicidades polo blog, é moi bonito¡

OS MACARRÓNS dijo...

MOITAS GRAZAS A TODOS POLOS VOSOS COMENTARIOS E AS VOSAS INFORMACIÓNS. INVESTIGAREMOS TODO O QUE NOS MANDADES.
UN SAÚDO MACARRÓN

Anónimo dijo...

hola somos neus y si mamy.Pasar una feliz fiesta de carnaval!!!!!!!!!!!!!!

El primo de Jorge dijo...

Gústanme os macarróns. :)